Como xa adiantamos aos soci@s a través do mail, a xunta directiva do club, tras informar á dirección do CEIP de San Roque e ao Concello de Cangas do protocolo de uso elaborado polo club, anuncia que a partir do mércores 17 de xuño retomaranse de novo as actividades propias do noso club nas pistas exteriores do CEIP. Estarán abertas tanto para as clases da escola de tenis organizadas pola dirección deportiva do club (seguindo o protocolo achegado e cubrindo previamente un formulario de asistencia a clases) como para a práctica libre do tenis d@s soci@s, sempre con solicitude previa como describimos a continuación e nas sesións onde non se impartan clases da escola.
Para o uso das pistas por parte d@s soci@s, será imprescindible a solicitude de reserva previa a través dun formulario de reserva de pista. Desde o 10 de setembro non estará activo por mor da apertura do curso escolar e avisaremos cuando o sistema se poña de novo en marcha. No formulario haberá que indicar a data e horario e o compromiso expreso do cumprimento dos requisitos esixidos no protocolo que achegamos, agardando sempre pola confirmación do club. Dito formulario ten que ser enviado por todos os participantes na sesión reservada. En caso contrario, non se concedería a reserva dado que o concello retiraría o permiso para o uso da instalación.