O obxectivo deste comunicado, tras a publicación o pasado 11 de maio do protocolo da FGT, é informar @s soci@s que, sendo as instalacións que utiliza o club de titularidade pública, agardamos á comunicación da Concellaría de Deportes do Concello de Cangas para a posta en marcha da mesmas.
Mentres se manteña esta situación apelamos á corresponsabilidade de todo@s e á vosa paciencia, e que cando podamos confirmar a reapertura das actividades do club fagamos un uso responsable das instalacións e voltemos o máis axiña posible á normalidade.
Agradecendo o voso esforzo e comprensión, emprazámosvos a posteriores comunicados cando se produzcan novidades informativas.