Home – Call to Action

CLUTECA

Club de Tenis de Cangas, 1992 - 2022 30 Aniversario

Novas recentes

XXXIII Liga de Tenis do Morrazo Manolo Mañanita-Cluteca

Boas, boas! E chegou o día de iniciar a competición da XXXIII Liga de Tenis do Morrazo, contando nesta edición coa colaboración de Manolo Mañanita! O torneo dará comezo o sábado 8 de novembro, polo que faltan apenas dous días … Read More

| Featured Post

III Master Galego de Tenis de Veteran@s – H4 Hotel. Novas datas!!!

Novas datas de celebración do III Master Galego de Tenis de Veteran@s – H4 Hotel. Debido ás previsións meteorolóxicas adversas do pasado fin de semana, aprazouse o desenvovlvemento do torneo ata unhas novas datas. Estas serán entre o 6-8 de … Read More

| Featured Post

XXXIII Liga de Tenis do Morrazo. AVISO PRÓRROGA INSCRICIÓN!

Con motivo da celebración do Master Galego de Veteran@s que organiza Cluteca os días venres 31, sábado 1 e domingo 2, aprázase unha semana o comezo da Liga. Esa é a razon para prorrogar ata o DOMINGO 2 de novembro … Read More

| Featured Post

Cluteca, Cangas e o Tenis

As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.

A Escola

Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!

Competición

Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.

Organismos colaboradores

Entidades colaboradoras

Contacto

Faite Socio/a

Solicitude

Grupos e clases

Apúntate á Escola

Competicións

Inscríbete nos Torneos

Información

Mail: cluteca@gmail.com

Mail Escola: escolacluteca@gmail.com

Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940

Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133

Teléfono Escola: 605037427

Instalacións:

CEIP San Roque

Pistas municipais de Rodeira

Como chegar

CEIP San Roque

As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.

Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.

CLUTECA contra a violencia de xénero