Con motivo da celebración do Master Galego de Veteran@s que organiza Cluteca os días venres 31, sábado 1 e domingo 2, aprázase unha semana o comezo da Liga. Esa é a razon para prorrogar ata o DOMINGO 2 de novembro … Read More
Home – Call to Action
Novas recentes
XXXIII Liga de Tenis do Morrazo
Presentamos a nova tempada en Cluteca co anuncio da XXXIII Liga de Tenis do Morrazo. Ata o vindeiro domingo 19 de outubro poderase realizar a inscrición no torneo nos seus diferentes grupos. Para apuntarse, poñédevos en cotacto con calquera membro … Read More
III Master Galego de Tenis de Veteran@s – H4 Hotel
Presentamos o III Master Galego de Tenis de Veteran@s-H4 Hotel 2025 que se celebrará do 30 de outubro ao 2 de novembro nas instalaciones do CEIP de San Roque, en Cangas. O peche das inscricións será o 26 de outubro. Calquera solicitude de información adicional … Read More
Cluteca, Cangas e o Tenis
As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.
A Escola
Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!
Competición
Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.
Contacto
Información
Mail: cluteca@gmail.com
Mail Escola: escolacluteca@gmail.com
Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940
Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133
Teléfono Escola: 605037427
Instalacións:
Como chegar
CEIP San Roque
As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.
Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.

