Home – Call to Action

CLUTECA

Club de Tenis de Cangas, desde o ano 1992

Novas recentes

Protocolo COVID Fase 2

A Federación Galega de Tenis tras a publicación no BOE da Orde SND/440/2020 do 23/05/2020 e da orde SND/414/2020 do 16/05/2020 que veñen a flexibilizar o disposto na orde 399/2020 do 9 de maio, publica hoxe un novo protocolo de … Read More

| Featured Post

Comunicado importante

O obxectivo  deste comunicado, tras a publicación o pasado 11 de maio do protocolo da FGT, é informar @s soci@s que, sendo as instalacións que utiliza o club de titularidade pública, agardamos á comunicación da Concellaría de Deportes do Concello … Read More

| Featured Post

Protocolo Fase 1

A Federación Galega de Tenis, tras a publicación no BOE da Orde SND/399/2020 de 9 de maio para a flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do … Read More

| Featured Post

Cluteca, Cangas e o Tenis

As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.

A Escola

Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!

Competición

Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.

Contacto

Faite Socio/a

Solicitude

Grupos e clases

Apúntate á Escola

Competicións

Inscríbete nos Torneos

Información

Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940

Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133

Teléfono Escola: 605037427

Instalacións:

Se desexas máis información, achéganos o seguinte formulario

Como chegar

CEIP San Roque

As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.

Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.

Organismos colaboradores

Entidades colaboradoras

CLUTECA contra a violencia de xénero