Este sábado 9 de marzo celebrouse a Asemblea Extraordinaria correspondente á convocatoria ao proceso electoral á Xunta Directiva de Cluteca, como corresponde cada catro anos. Dito procedemento está aberto a todos os socios e socias numerarios do club, tal e … Read More
Home – Call to Action
Novas recentes
Asembleas Xerais de Cluteca 2024
O vindeiro sábado 9 de marzo celebrarase a Asemblea Xeral Anual Ordinaria de Cluteca 2024 que terá lugar na Casa da Xuventude (Rúa Real, 29, 1º andar) e estará aberta a tod@s @s soci@s do club e comezará a partir … Read More
Torneos de Nadal
Hoxe, 29 de decembro, dará comezo a partir das 21:00 no pavillón de San Roque o XXI Torneo 48 Horas-Ghato de Mar, na súa fase de gupos, e que se desenvolverá ata a mañá do vindeiro domingo 31, coa celebración … Read More
Cluteca, Cangas e o Tenis
As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.
A Escola
Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!
Competición
Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.
Contacto
Información
Mail: cluteca@gmail.com
Mail Escola: escolacluteca@gmail.com
Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940
Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133
Teléfono Escola: 605037427
Instalacións:
Como chegar
CEIP San Roque
As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.
Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.
CLUTECA contra a violencia de xénero